Os socialistas de Portomarín critican a “deixadez e o pasotismo de Juan Serrano que non é capaz de defender os seus propios orzamentos”

Silvia Rodríguez dixo que o PP “levantou a man no pleno para votar en contra de incentivar con bonificacións aos gandeiros de Portomarín, e ao mesmo tempo pretende beneficiar a grandes empresas a través do convenio Doing business Galicia”

Os socialistas de Portomarín criticaron hoxe a deixadez e o pasotismo na xestión do Goberno de Juan Serrano no Concello, “xa que como puidemos comprobar, trala celebración da sesión plenaria, constatamos que o PP é incapaz de defender os seus propios orzamentos que incumpren a lexislación vixente en canto ao Plan Estratéxico de Subvencións, así como os seus prazos de aprobación”, dixo a voceira socialista, Silvia Rodríguez.

A Voceira advertiu ademais da pouca empatía do goberno do PP “cun dos tecidos máis importantes da nosa vila como son os gandeiros”. “Unha vez mais levantaron a man no pleno para votar en contra de incentivar con bonificacións aos gandeiros de Portomarín, e ao mesmo tempo pretende beneficiar a grandes empresas a través do convenio Doing business Galicia. Estas son as políticas e as prioridades de Juan Serrano, abandonar á veciñanza nun momento especialmente sensible trala pandemia do COVID. En pouco tempo poderemos comprobar os resultados desta medida, e esperemos que non sexa como o proxecto de Coren que xa caducou ata a licencia”, critica.

Silvia Rodríguez tamén avanzou que o Grupo Socialista presentou unha proposta para solicitar a remodelación integral da páxina web, “co fin de que sexa accesible e con contidos útiles á cidadanía”. E noutra iniciativa solicitou “o acondicionamento da casa de cultura e do seu entorno, xa que é un edificio municipal en desuso e cunhas instalacións moi deterioradas, así como a biblioteca e todo o seu contido. Así como a mellora de varias pistas na parroquia de Soengas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.