Pablo Arangüena: “Querer a Galicia é respectar o Estatuto e a Constitución, non saltarse as leis”

Arangüena lamenta que Feijóo desbordase “o marco constitucional” coa Lei de Saúde de Galicia, “a única en España recorrida ante o Constitucional”, empregando “guiños autoritarios” para “contentar” á “sección Vox” do PPdeG

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, subliñou hoxe, en vésperas do Día Nacional de Galicia, que “querer a Galicia é tamén respectar o Estatuto de Autonomía e a Constitución, e non saltarse as leis como fai o PP”.

Así o dixo logo de coñecer, nas últimas horas, que o Tribunal Constitucional mantén suspendida parte da Lei de Saúde de Galicia tralo intento da Xunta de sobordar as súas competencias.

“Esta é a mellor proba de que o señor Feijóo desbordou o marco constitucional”, subliñou Arangüena, logo de incidir en que a lei galega de saúde “é a única en España recorrida ante o Tribunal Constitucional” e en que “parte dela está suspendida por este tribunal”.

Neste senso, o vicesecretario xeral sinalou que “xa sabemos que ao PP non lle gusta cumprir as leis”, pero “estes guiños autoritarios que o PP de Galicia fai para contentar á súa sección Vox non teñen cabida no noso estado de dereito”.

Dito isto, Arangüena recordou que a resolución do Tribunal Constitucional sobre a lei galega de saúde chega despois de que o PSdeG requirise en diversas ocasións “diálogo e consenso” á Xunta de Galicia co goberno de España para acordar unha modificación da norma sen ter que chegar aos tribunais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.