Plataforma Sanitaria A Mariña. Unha muller denuncia un cúmulo de atrasos inaceptables e desidia da Xerencia tras unha intervención cirúrxica no ano 2016

Unha muller denuncia  os numerosos atrasos e a desidia que está a amosar a administración sanitaria, tras unha intervención cirúrxica dun ombreiro  á que foi sometida no ano 2016. De dita operación a paciente queda con secuelas importantes que dificultan a realización das tarefas propias do seu traballo e moitas actividades da vida diaria. A desidia e a falta de continuismo terapeútico do Sergas é  de tal magnitude, que dous anos despois da intervención solicítanlle a máis que necesaria  rehabilitación  postcirúrxica, para a correcta recuperación da funcionalidade do ombreiro , pero esta non é administrada ata finais do 2020.

Previamente e para recuperar o máximo posible,  decide realizar o tratamento rehabilitador pola súa conta, máis cando solicita reembolso dos gastos ocasionados “ o Sergas négase alegando que non era unha necesidade urxente e tampouco quixeron facerme revisión postratamento”– relata a muller.

Ao fin, en decembro de 2020, tras catro anos da intervención,  realízanlle unha resonancia con contraste e, a data de hoxe, aínda  non foi citada polo servizo de traumatoloxía para coñecer os resultados, ao igual que tampouco foi vista polo especialista tras o tratamento de fisioterapia que recibiu.

Pediu informes para valoración de discapacidade por todos os medios e non recibiu resposta.

A deixadez e inoperancia da Xerencia é de tal calibre que a paciente non puido achegar a documentación que precisaba á administración para solicitar unha discapacidade polas lesións que lle quedaron, xa que pediu informes da súa intervención por todos os medios ao seu alcance, mesmo con escritos dirixidos á dirección do hospital da Mariña, sen obter resposta algunha.

Por iste motivo a muller contacta coa Plataforma Sanitaria, que lle redacta e rexistra  reclamación  o día 6 de maio de 2021, con número de entrada no rexistro  00923. sin que ata o momento tiveran a ben proporcionarle os informes aos que ten dereito e que a administración ten a obriga de proporcionarlle.

 

 

 

 

Desde a Plataforma Sanitaria esiximos  á Xerencia e ao Sergas que cumplan coas súas obrigas e deixen de desprezar e maltratar ás e aos pacientes, proporcionándolle os pertinentes informes e citándoa de inmediato para coñecer os resultados das probas e a situación na que se atopa. Cremos que despois de máis de catro anos desde a intervención ” vai sendo hora de que fagan o seu traballo e deixen de burlarse da xente tan descaradamente. Aquí non só se está a incumplir de xeito flagrante a lei de garantías sanitarias , senón que se está a vulnerar o principio de gratuidade da asistencia sanitaria pública( lei xeral de sanidade) , entre outros”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.