Podemos Galicia pide o compromiso da Xunta e concellos para frear a crecente LGTBIfobia

Podemos Galicia está a presentar mocións municipais para o desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI+ e para unhas vilas libres de LGTBIfobia, tralo aumento dos delitos de odio contra o colectivo nos últimos meses.
En Galicia a Lei 02/2014 conta con pouco recursos debido ao escaso orzamento que aporta a Xunta de Galicia e como consecuencia, diminúe a eficacia da súa aplicación. Un dos seus recursos claves, o Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, activouse a finais de 2018, mais non foi ata hai uns días, despois do asasinato de Samuel, cando se aprobou o seu regulamento.

“Isto non é admisible”, resalta a responsable da Secretaría Feminismos Interseccional e LGTBIQ de Podemos Galicia, Verónica Hermida, en relación a xuntanza deste órgano mantida o 7 de xullo. “É preciso desenrolar de maneira eficaz e inmediata a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais”, subliña Hermida.

Podemos Galicia insta aos concellos a deseñar, en colaboración con organizacións e entidades LGTBI+, así como con asociacións de hostaleiros, campañas enfocadas a prevención da violencia LGTBIfóbica para un “ocio nocturno inclusivo”. A Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA) publicou o ano pasado o maior estudo realizado sobre delitos de odio e discriminación contra as persoas LGTBI+, e os datos amosan como aumentaron en España nun 8,6% en 2019 e un 19,3% en Internet.

O avance da ultradereita en Europa coincide coa aparición destes discursos que negan a violencia contra as persoas LGTBI+, e isto só se radica a través de políticas sociais e igualitarias que blinden os seus dereitos para acadar unha sociedade máis xusta para todas. “O Goberno de Galicia debe seguir os pasos do Ministerio de Igualdade e traballar ao carón dos colectivos nunha lei autonómica que avance sobre os dereitos das persoas LGTBI”, sinalou Hermida. “Hai que crear unha lei trans galega”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.