Proxectos conxuntos da Deputación de Ourense e Academia Galega do Audiovisual

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos máximos representantes da Academia Galega do Audiovisual: Álvaro Pérez, presidente; Miguel Mariño, director, e os integrantes da xunta directiva Saamira Ganay e Xavi Font, con quen acordou desenvolver entre ámbalas dúas entidades proxectos conxuntos, “unha reforzada alianza de colaboración que permitirá seguir impulsando o cinema galego no seu conxunto e potenciar aínda máis á provincia de Ourense como gran plató de cine”, expresou o presidente da Deputación. 

Na reunión, na que tamén participou o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, o presidente Baltar salientou que esta cooperación “intensa e permanente” será beneficiosa para o sector audiovisual en Galicia, tendo en conta a importancia da Academia e o pulo que a Deputación lle está dando ao sector audiovisual, “fundamentalmente para as rodaxes na nosa provincia, pero tamén organizando o Festival de Cine de Ourense, que o Festival de Cine de Galicia, que este ano celebra a súa vixésimo sexta edición”. 

O presidente afirma que esta colaboración pasa tamén por celebrar no 2022, desde Ourense, os vinte anos de creación da Academia, “para seguir divulgando a importancia do cinema galego e do sector audiovisual entre os concellos da provincia, e para seguir apostando por los premios “María Luz Morales”, que xa está Deputación entregou en 2019 e que entregaremos tamén no 2023, e facilitando calquera cuestión que teña que ver coas sinerxias que somos capaces de poñer en marcha desde a Deputación e da Academia a prol da potenciación do sector”. 

“Ese vencello coa Academia será moi importante para o desenvolvemento das accións que neste ámbito estamos levando a cabo desde a Deputación, cita Baltar, quen lembra tamén o labor que realiza a Fundación “Carlos Velo”, e destaca “a promoción do territorio que fan longametraxes, curtas, series ou videoclips musicais, que falan dun Ourense de cinema, berce do cine galego, que está sendo unha referencia a nivel de festivais. Este acordo coa Academia une retos e une ese futuro no que creemos, onde o audiovisual galego e a súa personificación no territorio de Ourense está chamado a ter un protagonismo clave nos próximos anos”, comenta Manuel Baltar. 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.