Quen contamina paga? En Touro sabemos que non é así

No mes de xullo de 2018 tivo lugar unha inspección da Xefatura Territorial de mina da Coruña aos terreos da mina de Touro onde se constata a drenaxe ácida continuada a augas do dominio público hidraúlico, desa acta de inspección lonxe de procederse con celeridade a requerir á empresa unha solucción innmediata, atopámonos que non foi así, limitándose a aceptarlle un plan de drenaxe TEMPORAL, no lugar dunha solucción definitiva que leva máis de 30 anos sin resolver.

Estamos en xullo de 2021 e dende a Consellería responsable do departamento de minas, limítanse a indicar que se abriu, outro, expediente para sancionar o que non foi sancionado fai tres anos e que, sabendo como funcionan nese departamente tardaremos outros tres anos máis en saber se chegaron a facer algo ou se perderon en miles de papeles intercambiables entre as empresas e a administración. Porque eso é o único a que se adican a intercambiar innumerables informes que teñen conta de todo o que se quere disfrazar, sin ter en conta a realidade.

O mesmo se pode decir do organismo de Augas de Galicia, quen resolveu en outubro de 2020 o proxecto de drenaxe TEMPORAL sin admitir ningunha alegación das presentadas.  En dita resolución establecíanse prazos de realización de obras, plans de seguimento, a presentación dun plan de drenaxe definitivo nun prazo determinado, un plan de vixiancia ambiental, e unha morea de condicionantes que a día de hoxe en xullo de 2021, non se cumpren, nin existe ningún viso de que en tres anos logo da denuncia de inspección vaia a obterse por parte da Administración algúnha solucción a un problema ocasionado por unha empresa privada, incumpríndose a máxima de “quen contamina paga” .

Á empresa sempre lle quedará acollerse ao párrafo que sempre lles adoitan incluir nestas resolucións para seguir rizando o rizo:

“Finalizado este prazo extinguirase a validez da autorización, a non ser que se solicite e obteña unha prórroga antes do esgotamento do prazo”

Lonxe de adoitarse unha solución podemos ver un cartel en Touro ao lado do río Portapego que proclama a derradeira subvención pública que demostra unha vez máis que, “quen contamina NON paga”.

Río Portapego no centro de Fonte Díaz- Touro. Imaxe de xullo de 2021

Cartel da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 2020, anunciador do financiamento con fondos públicos para obras de “mellora e humanización de espazos públicos urbanos en Touro” ao lado do río Portapego no centro de Fonte Díza- Touro. Imaxe de xullo 2021. Con este orzamento pagaríase o servizo de pediatría de dous anos que non temos en Touro.

Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.