Realizan a proba de carga da ponte de Valdriz, en Láncara

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizou a proba de carga da ponte de Valdriz, en Láncara, que vén de ser ampliada no marco das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica LU-621. Situáronse na plataforma tres camións de 37 toneladas de peso cada un para comprobar a resistencia da infraestrutura

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que os traballos neste punto están próximos a finalizar. O proxecto contempla tamén a execución dunha rotonda para mellorar o tráfico no entorno da urbanización de Valdriz, ademais da senda de preto de medio quilómetro (460 metros) que discorrerá pola marxe esquerda entre este punto e o inicio das beirarrúas da Pobra de San Xiao. As obras foron licitadas cun orzamento de case 730.000 euros, aos que se engaden 103.200 euros investidos no retranqueo e soterramento da  liña de evacuación da hidroeléctrica de Valdriz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.