Regresa ‘Paisaxes Sonoras’, en formato festival e con 3 días de duración

Por segundo ano, Paisaxes Sonoras presenta a creación dunha proposta cultural singular baseada na mestura de paisaxes emblemáticas, recursos culturais e turísticos da contorna Barbanza Arousa e propostas artísticas

Desde a Mancomunidade Barbanza Arousa, buscase achegar as potencialidades do territorio a visitantes e poboación comarcal mediante un formato innovador no que a natureza é o escenario principal converténdose na protagonista absoluta da creación artística.

Nesta segunda edición, Paisaxes Sonoras consolídase ofertando tres xornadas consecutivas durante os días 27, 28 e 29 de agosto apostando por unha programación con artistas galegas, e nas que a lingua a empregar é un 100% o galego.

Esta cita cultural dará comezo cos Heredeiros da Crus o venres 27 de agosto ás 20.00h na praia do Esteiro (Cabo de Cruz). Xa na xornada do sábado, PAISAXES SONORAS transcorrerá por Rianxo coas Tanxugueiras nunha sesión vermú que terá lugar no peirao de Taragoña e á tarde, ás 20.00h con Mercedes Peón na punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal). O peche do festival, realizarase na Fábrica de Salazón (Ribeira) coa actuación de Baiuca, que actuará por vez primeira na comarca do Barbanza.

As entradas aos concertos saen á venta este xoves, o público interesado poderá mercar un número moi limitado de abonos polo prezo de 40 € máis gastos de xestión ou entradas individuais desde 10 € máis gastos de xestión.

Este ano, reforzando o compromiso co territorio, a Mancomunidade Barbanza – Arousa implicouse ás catro concellerías de cultura dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira contan coa implicación de entidades locais como son TEATRO AIRIÑOS, o historiador MANUEL GAGO e as cantareiras de Boiro LUMIEIRA que formarán parte dun programa específico que terá como eixo principal a paisaxe da comarca e que se comunicará nos vindeiros días.

Paisaxes Sonoras 2021, un festival pensado en clave territorial co obxectivo de salientar o potencial cultural e paisaxístico da contorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.