Traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Masma ao seu paso por Arco, en Mondoñedo

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída para eliminar unha obstrución na ponte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Masma ao seu paso polo núcleo do Arco, en Mondoñedo.

Os traballos consisten na retirada de troncos, biomasa e arbores caidos no cauce, que   obstaculizaban  o curso da auga  na ponte.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.