UGT e CCOO denuncian a manipulación informativa da CIG na sentencia que anula o dereito do persoal funcionario e laboral fixo a cobrar a carreira profesional

Lamentablemente a irresponsabilidade a CIG, que ven de conseguir unha nova sentenza do TSXG que declara nulo o pago da carreira profesional a todo o persoal funcionario e laboral fixo da Xunta de Galicia, e xa non se pode incorporar o persoal laboral, interino e temporal á carreira profesional extraordinaria, senón que se anula o dereito e o pago a todo o persoal fixo que xa están cobrando, resulta inadmisible que informe como si fose un éxito xuridico-sindical.

Os motivos da CIG para non asinar non foron a exclusión da carreira profesional do persoal funcionario interino e laboral temporal, pois si asinaron no ámbito do SERGAS, é falso que o motivo é o principio básico de igualdade na negociación colectiva, a verdade é que é inxustificable un retroceso o dereito a carreira na Xunta de Galicia.

NEGRO SOBRE BRANCO: pediron e ¡¡¡gañaron¡¡¡ a anulación do Acordo que xerou o dereito a cobrar a carreira extraordinaria e non se estimaron o resto das súas solicitudes, o Tribunal non acepta substituír o dereito anulado por outro e produce efectos a todas as persoas afectadas.

(Literal da Sentenza…) La anulación de una disposición o acto producirá efectos para todas las personas afectadas. Las sentencias firmes que anulen una disposición general tendrán efectos generales desde el día en que sea publicado su fallo y preceptos anulados en el mismo periódico oficial en que lo hubiera sido la disposición anulada.

UGT e CCOO denunciamos a manipulación informativa da CIG e afirmamos que os reais efectos son:

o Si afecta ao réxime extraordinario, polo que se paraliza o cobro do primeiro grao e por suposto xa non se pode cobrar o segundo, a pesar de que está orzamentado para 2021.o Non amplía os dereitos do persoal funcionario interino ou temporal.

o Non axuda a reforzar as demandas individuais que procuran a declaración do dereito individual co cobro do sistema extraordinario dende o 1 de xaneiro de 2019, pois de momento queda todo anulado.

  • Non complementa a sentenza anterior da CIG, xa que anula o dereito á carreira profesional e punto.
  • Ha unha cuestión na que si ten razón a CIG, como a sentenza non é firme, a Xunta debe recorrela.

CCOO e UGT esixen que a Xunta recorra a sentenza e continúe pagando a carreira profesional extraordinaria, tal como está acordado no Acordo de concertación social, e aplique xa o Acordo de mellora, aprobado na Comisión de persoal o 23 de xullo de 2019 que estende o dereito ó persoal interino e temporal, extensión que a Xunta non aplicou de xeito irresponsable, a pesares do favor que lle fixo a CIG coa presentación destas “aloucadas demandas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.