Unidas Podemos pide o compromiso das administracións “ante o aumento das enfermidades das traballadoras do sector dos coidados”

Increméntanse o número de enfermidades profesionais pero tamén o número de enfermidades cualificadas como comúns

Unidas Podemos amosa a súa preocupación e pide solucións ás administracións tras confirmar o Goberno, nunha resposta á formación, o incremento do número de enfermidades profesionais das persoas que se adican ao coidado de maiores e dependentes centrado na asistencia en establecementos residenciais, un sector altamente feminizado no Estado.

O documento reflicte un incremento dos casos notificados ao Observatorio de Enfermidades Profesionais (CEPROSS) que acaban sendo cualificados como continxencia común, dun 8,4% a un 20,5% en oito anos, algo que pode deberse á reticencia por parte das empresas xestoras de recoñecer as enfermidades derivadas do propio desempeño do traballo de coidados. Do total das doenzas notificadas ao CEPROSS, un 83,9% pertence ao ámbito profesional. Isto vén derivado dunha situación de precariedade agravada pola pandemia que ten impactos directos sobre a súa saúde e que veñen denunciando nos últimos anos moitas traballadoras do sector e as súas asociacións.

De feito, os datos aportados polo Goberno, correspondentes aos anos 2011 a 2019, amosan unha diminución da porcentaxe das enfermidades profesionais que cursan con baixa e un aumento das que non cursan con baixa. A maior parte destas coidadoras superan os 50 anos de idade e son contratadas en modalidade temporal e a tempo parcial nunhas condicións de traballo moi duras, con horarios excesivos debido á falta de persoal e sen equipos axeitados para atender ás usuarias.

Unidas Podemos preguntou tamén polos datos referentes ás actuacións inspectoras así como das medidas por parte das autoridades competentes. Nun ano pasouse de 27 a 55 infraccións neste ámbito laboral, que deron lugar ao inicio das pertinentes sancións, mais o número de inspeccións diminuíu coa pandemia, co cal tamén o número de penalizacións.

Despois de coñecer esta información, o deputado Gómez Reino apuntou que “a precariedade á que están sometidas as coidadoras é intolerable nun servizo que é esencial e que tan imprescindible se fixo durante a pandemia. Estes datos veñen a demostrar o que as asociacións levan anos denunciando, que as súas doenzas son enfermidades profesionais, efectos directos do seu ritmo de traballo e do estrés, da falta de medios e da infradotación de persoal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.