Vilalba porá á venda as seis parcelas propiedade municipal que lle corresponden na ampliación do polígono de Entrepinares

As seis parcelas suman en conxunto 5.600 metros cuadrados e a fórmula elixida para a venda das mesmas será previsiblemente a subasta previa valoración dos terreos

Para proceder á venda, o concello só está pendente da recepción dun documento por parte dunha das empresas implicadas nas obras, un trámite administrativo que espera ter solucionado en breves datas.

“Agradecemos a Entrepinares a forma de executar as obras; a ampliación é unha oportunidade para as empresas interesadas en instalarse no polígono, estamos convencidos de que haberá interese nas parcelas”, asegura Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Ademais destas seis parcelas, o concello encargarase doutros espazos para zonas verdes e aparcadoiro no polígono.

“Con parte dos cartos que o concello reciba da venda das parcelas, faremos outras melloras no polígono, compensando a desatención por parte da Xunta”, engade Fernández.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.