A asociación PETRA Maternidades Feministas presentaron Recurso Potestativo de Reposición contra a Xunta de Galicia

O pasado venres 30 de xullo desde a asociación PETRA Maternidades Feministas presentamos un Recurso Potestativo de Reposición contra a Resolución do 15 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2021 (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2021); por non atopala axustada a Dereito.

Logo de comunicar, o 14 de xullo, mediante un escrito dirixido ao Parlamento de Galicia no seu conxunto, o desacordo da asociación coas bases destas axudas e solicitar a súa modificación de forma sustancial para chegar a TODAS as persoas traballadoras con crianzas da nosa comunidade.

En principio parécenos unha medida acertada ofrecer axudas públicas ás persoas que optan por solicitar reducións da xornada de traballo para atender as necesidades das fillas e fillos. Sen embargo, detectamos que tal como se ten formulado ata agora resultan discriminatorias por bonificar exclusivamente aos homes.

Resultarían igual de discriminatorias incluso no caso no que homes e mulleres se atoparan en iguais situacións laborais e salariais, pero sabemos que as mulleres soportan peores condicións de traballo, máis temporalidade e máis contratación a tempo parcial. Detectamos enormes necesidades das mulleres nais na nosa comunidade, non podemos permitir que queden excluídas das axudas públicas á conciliación.

Como asociación, co obxectivo específico de representación dos intereses das nais no período de maternidade e crianza, asumimos a nosa obriga de denunciar situacións de discriminación nas que aparentemente se implementa unha acción positiva, sen embargo na súa proxección incrementan a discriminación que pretenden solucionar.

Tras 15 anos implementando esta medida dende a Xunta de Galicia consideramos que é o momento de revisar as condicións en que as administracións incentivan a corresponsabilidade e a conciliación. As medidas «parche» resultan insuficientes, precisamos un modelo integral de coidados e crianza.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.