A Deputación apoia con 431.000€ a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

O deputado de Promoción Económica, Blas García, destaca a importancia da pesca como “un sector estrátexico,  que xera miles de empregos en Galicia”

A Deputación da Coruña apoia ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadores e mariscadoras para o desenvolvemento da súa actividade cunha achega de 430.945 euros que permitirán cofinanciar a contratación e mantemento de persoal, mellora de infraestruturas e procesos de comercialización, entre outros.

“Un programa co que impulsamos un sector estratéxico, cunha gran importancia económica e social e que xera miles de empregos” destacou o deputado de Promoción Económica, Blas García, que tamén sinalou que aínda que o sector da pesca coruñesa “veuse seriamente afectado pola crise sanitaria, segue liderando as cifras de pesca fresca en Galicia”.

A través desta liña de subvencións, un total de 27 pósitos coruñeses recibirán entre 3.808 euros e 19.500 euros, que poderán destinar á contratación e mantemento de postos de traballo, servizos de gardapescas, adquisición de sementes de moluscos, vixilancia e xestión de bancos marisqueiros, mellora na comercialización de especies, servizos de asesoramento ou adquisición de maquinaria e equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo.

Listaxe de entidades beneficiarias:

BENEFICIARIOS Importe

subvención

Beneficiario: AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS
Obxecto: Financiamento parcial do servizo de gardapescas (conservación e control) da agrupación de mariscadoras do esteiro do río Anllóns.
8.187,51€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE BARQUERO BARES
Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA XAPONESA
6.720,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
Obxecto: PROXECTO 2021 PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE XEO
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE
Obxecto: ASESORAMENTO ÓS PESCADORES ARTESANAIS E DO MARISQUEO A FLOTE NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO
Obxecto: ADQUISICION DE SEMENTE DE AMEIXA DE POSTA INDUCIDA
12.000,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CEDEIRA
Obxecto: MELLORA DOS SERVICIOS MEDIANTE O MANTEMENTO DE POSTOS DE TRABALLO
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CORME
Obxecto: FOMENTO DA ACTIVIDADE PESQUEIRA-MARISQUEIRA NO PORTO DE CORME
13.002,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LA CORUÑA
Obxecto: O mantemento dos postos de traballo das traballadoras que desenrolan o traballo administrativo na Confraría de Pescadores da Coruña
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE
Obxecto: PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DAS ESPECIES DE BAIXO VALOR COMERCIAL DA LONXA DE LAXE 2021
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LORBE
Obxecto: Soldos e Salarios Secretario
3.808,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO
Obxecto: Compra de semente, vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros, e xestión fiscal e laboral da entidade para este ano 2021.
16.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE SADA
Obxecto: CUBRIR PARTE DOS GASTOS DO PERSOAL DA CONFRARÍA
12.600,03€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS
Obxecto: REVALORIZACIÓN DO SISTEMA TELEMÁTICO DE SUBASTA DOS PRODUCTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA
Obxecto: Proxecto Servizo de Comercialización e Control de Descargas no Porto de Muxía
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME
Obxecto: Sufragación parcial de gastos salariais e de semente derivados dunha acción de mellora da xestión da comercialización e da produción de moluscos bivalvos
17.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ
Obxecto: MELLORA DA ACTIVIDADE FUNCIONAL DA CONFRARIA E DA LONXA DE CABO DE CRUZ
16.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION
Obxecto: FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN
19.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE
Obxecto: Mellora da comercialización dos Produtos Pesqueiros e Marisqueiros da Ría de Ortigueira
13.680,02€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE LIRA
Obxecto: SUBVENCION DE PERSOAL PARA NOVAS INICIATIVAS EN RELACION COS PRODUCTOS DO MAR
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES O PINDO
Obxecto: SubvencIón de persoal para posta en valor do mundo do mar e todo o que o rodea.
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES
Obxecto: PRODUCCION E COMERCIALIZACION DE XEO
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOME DE NOIA
Obxecto: PERSOAL OFICINA
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN PEDRO SANTA E.RIVEIRA
Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE E A COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS PESQUEIROS DE DIFÍCIL SAÍDA COMERCIAL NA LONXA DE RIBEIRA.
19.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS
Obxecto: DESENROLO DE TRABALLO PARA ATOPAR NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR, DAR SAIDA A NOVOS PRODUCTOS E MELLORAR A PRODUCIÓN.
18.500,00€
Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON
Obxecto: VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS DE DIFICIL SAÍDA COMERCIAL NA LONXA DE PORTO DO SON
18.448,00€
Beneficiario: POSITO DE PESCADORES DE RIANXO
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACION NA LONXA DE RIANXO
17.500,00€

TOTAL CONCEDIDO 430.945,56 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.