A Deputación completa as expropiacións para as obras das beirarrúas en A Patiña (Cambre)

Cita aos propietarios dos terreos afectados o 20 de setembro para o pago dos depósitos previos

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o anuncio de pago de depósitos previos das experopiacións necesarias para as obras de mellora da seguridade peonil na estrada DP1704 de Cambre e Carral.

As obras contan cun orzamento total de 97.788,94 euros, dos que 4.255 € se destinan a expropiacións. Os titulares dos terreos afectados están citados o vindeiro día 20 de setembro, entre as 16.00 e as 16.15 horas, na Casa do Concello de Cambre para completar o trámite de expropiacións co pago de depóitos previos.

A actuación permitirá mellorar o estado desta vía provincial entre o PK 0+580 e o PK 1+070, unha zona que nestes momentos ten mala visibilidade e non conta cun paso destinado aos peóns que transitan o lugar.

O proxecto porá fin a esta situación a través da creación de sendas peonís nos tramos que carecen delas co obxectivo de que as persoas que circulen polo lugar poidan facelo por ambas marxes da estrada con total seguridade. A zona afectada está comprendida entre as beirarrúas existentes que conectan co núcleo de Cambre (PK 0+580) e as sendas que conectan co río Mero (PK 0+660 na marxe esquerda e PK 0+740 na dereita).

Para que estas construcións poidan levarse a cabo será preciso demoler a edificación sita na marxe dereita do PK 0+670 que actualmente dificulta a visibilidade nesta estrada e fai que os peóns teñan que invadir a calzada para poder continuar o seu camiño. Deste xeito, ampliarase a sección actual da vía para construír a senda.

Ademais, a plataforma verá mellorada a súa sinalización horizontal entre o PK 0+740 e o PK 1+070, mellorando así a alerta a condutores e condutoras do paso polo núcleo de casas existentes a carón do río Mero e do cruce de sendas que conectan a ría do Burgo co encoro de Cecebre.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.