A Limia necesita solucións pensadas e realistas e non «parches» millonarios

Nos últimos días os medios de comunicación fixéronse eco das novas sobre apotenciación do sector agrario na Limia e tamén da postura de diferentes administracións e institucións que se felicitan polas promesas de investimentos millonarios

Máis alá da importancia da noticia, SGHN entende que o realmente trascendente e imprescindible sería facer unha análise rigorosa do alcance das accións incluídas nese plan, os resultados previstos e as consecuencias probables. Neste senso SGHN ven de transmitir as seguintes reflexións aos responsables das distintas administracións mencionados nas anteditas novas:

É moi preocupante que se propoñan accións parciais sobre os recursos hídricos de A Limia sen elaborar un axeitado estudo de avaliación dos mesmos, que dea resposta á complexa situación actual da auga na comarca en aspectos como:

  • valoración realista da dispoñibilidade do recurso para satisfacer as necesidades actuais e futuras, tendo en conta os efectos do cambio climático
  • calidade das augas
  • outras actividades económicas factibles e os requisitos ambientais de aplicación.

Dito estudo debe contemplar a recuperación, aínda parcial, da lagoa de Antela, comprometida polo goberno cental en febreiro deste ano, como elemento esencial para facer fronte á emerxencia climática, para a necesaria regulación dos ciclos hidrolóxicos e para asegurar o futuro do recurso auga na comarca.

A data de hoxe, o reto é facer compatibles as actividades económicas agrogandeiras produtivas coa recuperación ambiental e o mantemento do recurso auga en cantidade e calidade. Por eso SGHN insiste diante das administracións e institucións con competencias, que sexan máis ambiciosas cós obxectivos a acadar cós recursos de todos os cidadáns e pensen na comarca no seu conxunto,  sen deixarse deslumbrar por cifras millonarias que só van servir para poñer uns parches acá e acolá sen afrontar de cheo a mellora do estado hidrolóxico actual da Limia.

SGHN sabe por propia experiencia que «Outra Limia é posible» tal e como leva defendendo, argumentando e demostrando desde hai anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.