A reserva de entradas para os concertos de Alfaroleiros, no teléfono de atención veciñal

A reserva de praza para asistir aos concertos que se organizan con motivo da XXVII edición de Alfaroleiros poderá realizarse chamando ao 981 610 000 en horario de 15.00 a 19.00 horas, ou o propio día de cada un dos espectáculos en horario de mañá ata as 12.00 horas –agás para o concerto do sábado-. No caso da proxección da película Cuñados, o proceso de reserva de praza será o mesmo.

Para todas as demais actividades, así como para as vacantes que puidese haber nos concertos e en Cuñados, a reserva de praza realizarase na propia feira, no posto do Concello de Oleiros, a partir das 19.00 horas.

Prégase puntualidade nos diferentes espectáculos. No caso de non presentarse e habendo xente agardando disporase das entradas non utilizadas.

 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.