A SD Compostela regresou na Pobra con magníficos resultados

Logo do parón estival, a SD Compostela Atletismo volve aos poucos á acción coa participación nas carreiras populares que se celebran nestas datas. Nesta ocasión, os nosos estiveron na Pobra do Caramiñal, xa unha clásica que cumpriu a súa duodécima edición, cun total de vinte participantes

A proba tivo un formato algo peculiar, con saídas en grupos de dez atletas cada vinte segundos, mesturados en ritmos, o que fixo que a carreira fose un pouco complicada para correr e para ver dende fora e saber as posicións.

Entre os primeiros clasificados, tivemos como destacados nas primeiras posicións, nunha carreira de moito nivel a Nuno Costa, no terceiro posto absoluto; a Cristian Muiño, no décimo terceiro; Antón Ruanova, no dezasete; e Jose Sanda, Jose Sanda no trinta e tres.

A maiores, nas súas respectivas categorías, subiron ao podio Brais Picón, gañador en Sub20; Iván Abeledo, gañador en Sub18; Yago Iglesias, gañador en Sub16; Amador Pena, segundo en Master2; Shaila Muñiz, terceira Master2; e Elena Veres, cuarta Sénior.
Do mesmo xeito, tamén tiveron unha destacada actuación os compostelanistas Juan Luis Botana, Jorge Castro, Manu Castiñeiras, Juan Alvarellos, Juan Botana, Jesús Cabo, Laureano Varela e Emilio García.

Entre os máis cativos, o Compos tamén tivo representación, e mesmo con algún podio, coa presenza de Izan Parrado, Claudia Castro, Lucía Taboada, Alex Pena, Pedro Méndez e Ariana Iglesias.

Por outra banda, ao mesmo tempo, Sindo González participou na Milla de Sanxenxo, acadando un fantástico cuarto posto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.