A Xunta informa aos consumidores sobre a nova tarifa eléctrica en Cervo, Mondoñedo e Viveiro

A primeira charla na Mariña terá lugar mañá na Casa da Cultura de San Cibrao

A Xunta de Galicia está a levar a cabo unha campaña informativa sobre a nova tarifa eléctrica a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que organiza charlas en distintos municipios.

Na comarca da Mariña a primeira charla programada terá lugar mañá na Casa da Cultura de San Cibrao, Cervo, ás 19 horas. Están previstas tamén o día 8 de setembro no antigo centro comarcal de Mondoñedo e o 23 do mesmo mes na sala multiusos do Concello de Viveiro, todas á mesma hora. No conxunto da provincia hai fixadas xornadas en 12 municipios e aínda poden sumarse outros interesados.

O obxectivo desta campaña é facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir ás oficinas do IGCC ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.