A Xunta remata as obras na autovía AG-64 entre Vilalba e Xermade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as dúas actuacións suman un investimento de 1,4 millóns de euros e supoñen a renovación do firme en 19 quilómetros de vías

A Xunta de Galicia reabriu ao tráfico na tarde de onte a autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba) logo de rematar as obras de reforzo do firme executadas nun tramo de 13,4 quilómetros entre a intersección coa Autovía do Cantábrico A-8, no municipio vilalbés, e o enlace de Cabreiros. Ao mesmo tempo, proseguen as obras na LU-170 entre este punto e Xermade.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, apuntou que se destinan en total 1,4 millóns de euros a ambas actuacións, que suporán a mellora de 19 quilómetros de estrada, 12 deles no concello xermadés.

No que respecta ás obras da autovía, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou máis de 1 millón de euros á actuación, executada  en dúas fases; hai uns meses completouse o arranxo da estrada en sentido Vilalba e foi preciso esperar ao verán para continuar cos carrís en sentido Ferrol, xa que as características da actuación facían necesaria a súa execución en condicións axeitadas dende o punto de vista meteorolóxico.

As obras da estrada LU-170 entre Xermade -na intersección da Pena- e Cabreiros contan cun investimento de 450.000 euros e mellorarán o firme en 5,5 quilómetros ata empatar co tramo xa rehabilitado pola Xunta hai uns anos. Coa posta en marcha destes traballos, que contan cun prazo de execución de 3 meses, habilitouse un desvío alternativo pola estrada LU-861, que estará operativo ata o vindeiro 10 de setembro.

Esta actuación ampliaría desde os 5 ata os 7 metros a plataforma da estrada, incluíndo a   rehabilitación do firme, acondicionamento das interseccións coas vías públicas, mellora da sinalización horizontal e vertical, balizamento e defensas e o sistema de drenaxe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.