Alexandre Penas e Maite Ferreiro visitan os traballos de arqueoloxía elaborados na ronda da Muralla de Lugo

Alexandre Penas: «En todos os traballos deste tipo garantimos que os restos que poidan aparecer se traten da mellor maneira posible». Os traballos relacionados coa humanización do treito da rúa Santiago á rúa Vilalba realízanse coa supervisión de equipos especializados en arqueoloxía

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto con Maite Ferreiro, edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, visitaron xunto co equipo de arqueoloxía responsábel os traballos de humanización da ronda da Muralla, no treito entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba. Alexandre Penas destacou que «en poucas semanas poderemos contar cun novo treito da Muralla humanizado, con menos tráfico e pensado para o desfrute da veciñanza».

Os traballos estanse a executar contando coa supervisión de equipos expertos en arqueoloxía. Alexandre Penas explicou que «en todos os traballos deste tipo contamos con equipos especializados para garantir que no caso de que aparezan restos se traten e cataloguen da mellor maneira posíbel, como xa se fixo na peonalización de Quiroga Ballesteros».

Nestes días realizouse a instalación das canalizacións do novo alumeado deste treito, que está a ser renovado. Instalaranse 9 novas luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación ás distintas horas e á luminosidade do día. O alumeado permitirá variar a luminosidade do monumento segundo a hora do día, mostrando luces de tonalidade cálida na noite e luz fría durante as mañás.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.