Alexandre Penas reitera, como asegurou Arroxo, que o Goberno de Lugo recibirá á Federación Veciñal

O concelleiro nacionalista lembrou que «ambas partes iniciamos o contacto para manter a xuntanza na primeira quincena de setembro»

O concelleiro responsábel de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que «o Goberno de Lugo manterá unha xuntanza nas vindeiras semanas coa Federación Veciñal». Penas explicou que «desde a Federación volven cargar contra o BNG por non avanzar na convocatoria da xuntanza, cando ambas partes establecemos contacto para levala adiante durante as primeiras semanas de setembro».

Alexandre Penas afirmou que «alegrámonos de que a Federación Veciñal siga adiante coa xuntanza e non sigan a promocionar unha manifestación contra o Goberno de Lugo, como indicou algún directivo da mesma nos últimos días nos medios de comunicación».

O edil de Infraestruturas destacou o traballo «das veciñas e veciños que dentro do movemento veciñal traballan en positivo para mellorar a cidade». Alexandre Penas afirmou que «temos comunicación directa co movemento veciñal que traballa e loita polo benestar das veciñas de cada zona, sen recibir ordes directas de ninguén».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.