Alfaroleiros comeza con concerto, teatro e a presentación de Cociña e Barro

Mañá mércores 4 de agosto comeza a XXVII edición de Alfaroleiros. O acto público de inauguración da feira será ás 12:30 horas no parque Luis Seoane de Santa Cruz e contará coa participación do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, entre outras autoridades.

Unha vez quede inaugurada a feira, os 23 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas ata as 22:00 horas. Ademais, para esta primeira xornada están programadas varias actividades paralelas.

Ás 19:00 horas, no parque Luis Seoane, realizarase a presentación do libro Cociña e Barro. Unha publicación elaborada por un grupo de persoas maiores que participan nun dos obradoiros municipais de memoria na que se recolle unha importante relación de pezas de barro para cociñar diferentes receitas tradicionais.

Ás 20:00 horas, na praza Esther Pita, haberá teatro e novo circo dirixido a todos os públicos: Ohlimpiadas!, da compañía Las Sincro. Este espectáculo forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Para pechar a xornada, ás 21:00 horas no parque Luis Seoane, Wilson Ortega e Havana Soul ofrecerán un concerto no que fundirán a música cubana con soul, jazz e música galega.

Todas estas actividades son abertas e gratuítas. A reserva de prazas realizarase na propia feira, no posto do Concello de Oleiros, a partir das 19.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.