Alternativa de Arteixo presentou unha solicitude con decenas de firmas para demandar o arranxo da estrada Porto de Sorrizo-Praia do Reiro

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentou unha solicitude acompañada de decenas de firmas da veciñanza para demandarlle ao Goberno Municipal que arranxe e acondicione o tramo da estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro, de tal modo que teñan cabida os vehículos, os peóns e as bicicletas, xa que a decisión tomada nas últimas semanas de converter este tramo en peonil, causa numerosos problemas a residentes, veciños e visitantes

Alternativa dos Veciños e a veciñanza de Sorrizo non comparte a decisión tomada nas últimas semanas polo Goberno Municipal, de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro.

“A decisión de converter en peonil este tramo de estrada non é a solución, xa que se existe risco de afundimento, tal como informaron que indican os técnicos, e os residentes seguen circulando cos seus vehículos, pois segue existindo o risco e tamén se segue agravando o mesmo”.

“Se os técnicos informan que existe risco de afundimento, pois o que se debe facer é acometer as actuacións necesarias para solucionar un problema que vén de moitos anos atrás”.

“Ao mesmo tempo, aproveitando a necesidade de arranxar este tramo de estrada, deberíanse realizar as xestións pertinentes para conseguir o solo necesario e poder ensanchar este tramo de estrada e que deste xeito poidan convivir no mesmo tanto os vehículos como os peóns e as bicicletas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Esperamos que o Goberno Municipal sexa quen de atender a solicitude que presentamos, que é apoiada por practicamente toda a parroquia de Sorrizo. A nosa opinión e a da veciñanza de Sorrizo tamén a comparten a gran maioría dos cidadáns de Arteixo” matiza Juanfran Martínez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.