‘Alzhéimer HOXE, mañá será tarde’, a campaña da Federación Alzhéimer Galicia para sensibilizar sobre a prevención e a detección precoz

A Federación Alzhéimer Galicia conmemora o Día do Alzhéimer 2021 con diferentes actividades que comezan en agosto e se extenden ata decembro

A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha a campaña do Día Mundial do Alzhéimer baixo o lema “Alzhéimer HOXE, mañá será tarde”, unha frase que recolle a necesidade de atender a esta realidade desde o punto de vista da prevención e do diagnóstico precoz.

Si a realidade das demencias xa era preocupante antes desta pandemia, estimando que para o 2050 triplicaríase o número de casos de persoas con demencia no mundo, o desvío da atención, dos recursos e as consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais e económicas que esta crise sanitaria está a provocar preludian unha realidade moito máis devastadora. Por iso é fundamental incidir en que HOXE é o momento no que máis esforzos débense depositar en atender unha realidade que cada día vai en aumento, porque MAÑÁ será tarde.

Con esta campaña quérese sensibilizar acerca da importancia do diagnóstico e intervención precoz para intervir a tempo a enfermidade de alzhéimer e deter ou retardar o seu avance.

Neste ano 2021 a Federación e as 15 asociacións membro desenvolven unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar e visbilizar sobre esta temática, que son as seguintes:

Encontro de expertos: Alzhéimer HOXE

O acto central consistirá nun encontro de expertos no que se afondará  na prevención e o diagnóstico precoz desde as diferentes áreas de traballo de cada profesional.

Terá lugar o 11 de setembro de 11h a 12:30h na Cidade da Cultura de Galicia

Exposición fotográfica itinerante: “Tecendo rede, tecendo recordos”

Desde o 19 de agosto ata o 21 de decembro a exposición ‘Tecendo rede, tecendo recordos” viaxará de xeito itinerante por toda a xeografía galega.

Esta exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións alzhéimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

A exposición fotográfica “Tecendo rede, tecendo recordos” poderá visitarse no museo da Cidade da Cultura desde o  9 ata o 14 de setembro

Campaña de participación en redes sociais: #alzheimerHOXE

Todas as persoas que queiran poden subir unha foto as redes sociais cun reloxo (de area, de pulsera, analóxico, dixital…) baixo o #alzheimerHOXE.

O obxectivo e traspasar fronteiras e que todas as persoas coñezan que #alzheimerHOXE non é soamente unha campaña se non un estilo de vida para previr todo tipo de enfermidades e en especial a enfermidade de Alzheimer.

Video promocional Día Mundial Alzhéimer 2021 – ‘Alzhéimer HOXE, mañá será tarde’

Como cada ano a Federación Alzhéimer Galicia realiza un vídeo con motivo do Día Mundial do Alzhéimer co obxetivo de visibilizar e sensibilizar Á poboación en xeral sobre as demencias neurodexenerativas como o alzhéimer.

Nesta ocasión o vídeo amosa as claves para previr as demencias desde antes de padecelas e como este estilo de video pode ser determinante para que a enfermidade non se manifeste ou a aparición dos síntomas se vexan retardados.

https://fagal.org/dia-mundial-2021-alzheimer-hoxe-gl.html

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.