Amigos da Terra alerta da contaminación por cianobacterias nos encoros das Conchas ( Bande) e Forcadas (Valdoviño)

Outra vez e van. O conxunto da bacia do Río Limia precisa dunha xestión integral. As augas das Conchas e do conxunto do Val do Limia (dende a súa cabeceira até Viana do Castelo) seguirá sendo un perigo para a saúde do conxunto do ecosistema.

As cianobacterias seguirán pondo en risco a saúde de tódolos limiaos de non ter claro que é preciso outra xestión da auga e do territorio (nova cultura da auga).
Areeira da Pedra Alta «Antela» en dúas semanas de bombeo a lámina de auga baixou metro e medio…
O lixo, refugallos, lodos e bulleiro, verquidos, seguen producindose no conxunto do Val do Limia.
As cianobacterias son de novo perigo para saúde nas Conchas. Os irresponables das administracións públicas seguen xogando ao populismo «deixar facer deixar pasar» até cando?
O encoro de As Conchas volve tinguirse de verde nesta tempada estival, rexistrando un considerable empeoramento da súa calidade da auga e contando coa presencia alarmante de cianobacterias, segundo a última analítica da Consellería de Sanidade realizada o 26 de xullo.

Na ultima semana producíase un “bloom” de cianobacterias, que son favorecidas polas altas temperaturas, máis horas de luz solar e un exceso de nutrientes, principalmente nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia que son o caldo de cultivo perfecto para que proliferen as cianobacterias, e consecuentemente afectando á salubridade e o estado sanitario das augas.

Na zona de Portoquintela, no concello de Bande, alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3, no que o reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben cuantifícanse toxinas nas análises realizadas ou detéctanse espumas e natas de cianobacterias en áreas onde pode existir contacto directo cos bañistas e/ou existe risco de inxestión/aspiración.

Estes resultados son indicativos dunha alta probabilidade de efectos adversos para a saúde. A presenza de natas e espumas xeradas por cianobacterias é un indicador de potencial risco de efectos severos para a saúde para as persoas que tomen contacto con estas, polo que estaría prohibido bañarse nin realizar actividades acuáticas na zona de Portoquintela.

Dende Amigos da Terra, manifestamos que estes episodios recorrentes de contaminación por cianobacterias, non se solucionan se non se atalla a problemática da xestión dos residuos gandeiros que producen as explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia. Tamén nun informe recente realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica tamén alerta do risco de contaminación por nitratos que existe nas aguas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia.

Ase mesmo  o encoro das Forcadas, no concello de Valdoviño, está oficialmente en estado de alerta pola presencia de cianobacterias nas súas aguas e tamén alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación de cianobacterias caracterizándose como Nivel 3 afectando  a calidade das súas augas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.