Arbo comeza a mellora de accesos en Merelle-Vilaseca (Cabeiras)

O Concello de Arbo, asínaba un convenio de cooperación coa Conselleria do Medio Rural para a realización das obras de  Mellora de accesos en Merelle – Vilaseca (Cabeiras)

O Concello de Arbo consideraba necesaria a execución da obra de  infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle – Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poida acometer a súa execución por razóns orzamentarias

A Consellería do Medio Rural, en uso das súas competencias, asinaba un convenio con Concello de Arbo, por un importe de 38.709,50 €.

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, determinaron as actuacións a realizar en Arbo,

“O Goberno local contemplará proxectos que teñan que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación” – informa o rexedor Horacio Gil

O convenio asinado permanecerá vixente ata o remate da actuación contemplada no mesmo, a comunicación da recepción das obras ao Concello e a formalización da acta de entrega.

O  Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra.

Dada a ampla superficie do  concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada, sendo necesarios proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura nas devanditas estradas.

Este Proxecto ten por obxecto a definición a nivel de Proxecto Construtivo das directrices de desenvolvemento urbanístico, definindo e valorando a nivel construtivo as obras incluídas en dita actuación. As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora do acceso e a pavimentación dun camiño municipal, entre os lugares de  Merelle e  Vilaseca, na parroquia de  Cabeiras, todo iso dentro do  concello de Arbo.

O camiño é de titularidade municipal,  atópase pavimentado con aglomerado, pero hai tramos que están nun avanzado estado de deterioración, polo que se expón unha renovación completa da capa de rodadura.

Previa á pavimentación, repoñeranse varios tramos de tubaxe de regadío existente nos camiños. Debido ao seu mal estado, provoca inundacións e deformacións nos viais. Tamén se construirán arquetas novas para que o servizo de regadío funcione correctamente.

O presente proxecto desenvolve a mellora do acceso dun camiño municipal. Melloraranse varios tramos do camiño entre  Merelle e  Vilaseca, na parroquia de  Cabeiras. Todo iso dentro do  concello de Arbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.