As obras no campo municipal de fútbol de Mera entran na súa segunda fase

O Concello de Oleiros adxudicou por 1.272.920 euros a obra de construción da segunda fase do campo de fútbol municipal de Mera. Está previsto que os traballos comecen no mes de setembro

A segunda fase desta nova instalación municipal, que está situada na rúa Fonte Cuba de Mera, incluirá a construción de gradas, vestiarios e aparcadoiro.

Na primeira fase, o Concello de Oleiros investiu 939.011,50 euros no peche total do recinto, na instalación do terreo de xogo de céspede artificial, no rego e na iluminación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.