ATLANTICS e CUAC unen esforzos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas cun maratón radiofónico solidario

Serán 23 horas e media de radio en directo que se poderán escoitar a través da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM no 103.4 e tamén en diversas plataformas de vídeo. Todo o recaudado será para o Banco de Alimentos Rías Altas. A emisión comeza o sábado 28 de agosto ás 17:00 horas e finaliza o domingo 29 ás 16:30. O premio Ondas Juan Carlos Ortega e o actor Pedro Brandariz serán algúns dos convidados

A Asociación educativa Atlantics vai realizar un grande esforzo loxístico e de voluntariado para compartir coa audiencia de CUAC FM no 103.4 do dial coruñés, así como na web cuacfm.org e nas redes sociais da asociación, a emisión durante 23 horas e media sen interrupcións dun maratón de radio solidario. O obxectivo é lograr fondos para o Banco de Alimentos Rías Altas.

Durante todo o tempo que dure a emisión, así como antes e despois, pódese doar fondos a través de diversos sistemas (Paypal, Bizum e conta bancaria) que están na páxina web lalocurasuprema.es

Pasarán polos micros xentes da comunicación, da cultura, do mundo asociativo, de entidades solidarias… Por destacar algunhas das persoas conviadadas, podemos sinalar a Juan Carlos Ortega, Pedro Brandariz ou Melania Cruz. Haberá tamén intervencións dende o extranxeiro, como a das mexicanas Luisa Alfaro e Mon López.

Ver información completa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.