Concentración da Plataforma Sanitaria diante do centro de saúde de Viveiro «contra o desmantelamento de Atención Primaria

O centro de saúde de Viveiro está a sufrir , ao igual que no resto da comarca e do país, serias agresións pola decisión da Xunta de Galicia de non substituír ao persoal sanitario e non reforzar ao persoal administrativo. A maiores desto, este ano non se contratou persoal para desprazados, mesmo teñen q asumir atención de pacientes de hospitalización a domicilio. Esta sobrecarga de traballo incide directamente sobre a calidade asistencial e recae sobre un persoal, esgotado despois de máis dun ano de pandemia.

Neste centro de saúde chegaron a atenderse 90-100 pacientes por profesional, cifra totalmente inasumible, pola falta de máis do 50 por cen da plantilla nalgúns días e do 100 por cen dos facultativos da quenda de tarde no mes de xullo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.