Coñecer o mellor do patrimonio de Marín a través da esfera dixital

O Concello potenciou a catalogación e posta en valor de elementos patrimoniais como as fontes ou os lavadoiros a través de dúas webs

“Coñecer o noso patrimonio é unha forma de comprender por que a nosa vila é como é, cal é a súa historia, como era a sociedade que nos precedeu e que cousas mudaron desde aquel entonces”.

Con esa intención, o Goberno local impulsou a creación de dúas páxinas webs, nas que catalogar, ordenar e xeolocalizar dous tipos de elementos patrimoniais que definen a estrutura sociolóxica de Marín: as fontes e os lavadoiros.

Nos dominios www.fontesdemarin.com e www.lavadoirosdemarin.com é posible consultar cerca de 130 elementos do patrimonio de Marín cunhas fichas multimedia nas que se inclúe unha galería fotográfica, unha imaxe 360, a xeolocalización e unha pequena descrición.

Ambas actuacións fixéronse con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra e, ademais da sinalización dixital, supuxo a renovación de toda a sinalética física, que agora conta cunha estética armónica e que adaptada á contorna, con materiais madereiros.

Un impulso máis para un turismo cultural de calidade

Desde o Goberno local consideran que este tipo de iniciativas “achegan o patrimonio histórico da vila a todos aqueles interesados no municipio, non só á veciñanza, polo que poden converterse nun polo de atracción máis para os visitantes interesados en realizar un tipo de turismo cultural”.

O Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor ou o Castro da Subidá son algunhas das opcións que estas persoas interesadas na cultura e o patrimonio teñen na vila de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.