Denuncian do “desleixo da Xunta” para alertar da insalubridade do encoro das Conchas

Ecoloxistas en Acción denuncia a irresponsabilidade da Consellería de Sanidade á hora de informar á xente sobre a posibilidade de bañarse no encoro das Conchas, Baixa Limia (Ourense)

A asociación leva meses denunciando, de xeito continuado, a situación na que se atopan as augas do encoro desde hai máis de 10 anos. As cianobacterias contaminan as augas do encoro e por iso a Consellería de Sanidade, como administración competente das praias fluviais, debe informar aos concellos onde existen ditos areais fluviais para a colocación de cartaces que informen debidamente da situación das augas, neste caso, perigosas para a saúde das persoas.

O 26 de xullo a información contida na páxina web da citada consellería á que moitas persoas acoden precisamente para informarse, mantiña o Nivel 1 (o reconto de cianobacterias non supera as 20.000 cél/mL e non se cuantifican toxinas na auga) para a praia fluvial do Corgo, en Muiños. Mentres, na beira de enfrente, en Portoquintela, sí recoñecía, para as mesmas augas, un Nivel 3 (O reconto de cianobacterias supera as 100.000 cél/mL ou ben cuantifı́canse toxinas nas análises realizadas ou detéctanse espumas e natas de cianobacterias en áreas onde pode existir contacto directo cos bañ istas e/ou existe risco de inxestio n/aspiración) coa conseguinte prohibición do baño.

Sería preciso saber cantas persoas accederon ás augas do encoro en tanto a Consellería non actualizou e por que esperou ás denuncias para ter a web en orden. É unha cuestión de saúde pública non menor e parece que continúan as dinámicas de agochar o que sucede nas Conchas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.