Deputación A Coruña e Asociación Vento Noso colaboran nun programa de prevención de incendios forestais

O proxecto ten o obxectivo de concienciar e sensibilizar a sociedade sobre a problemática dos lumes e fomentar medidas de prevención

A Deputación da Coruña colabora coa Asociación Vento Noso, a través das súas liñas de subvencións a entidades de Medio Ambiente, nun programa para fomentar medidas de prevención dos incendios forestais e concienciar e sensibilizar a sociedade sobre esta problemática.

Galicia conta cunha superficei forestal de case 2 millóns de hectáreas, nas que en 2019 se produciron 1.653 incendios, o 15% dos lumes forestais a nivel nacional ese ano. Na provincia da Coruña o 57% do territorio é de uso forestal, o que implica que supón un recurso estratéxico para o sector, xerando emprego e riqueza. Esta superficie vese ameazada tódolos anos pola presenza de lumes. Por exemplo, no ano 2019 rexistráronse 421 incendios que deixaron 2.478 hectáreas de terreo forestal queimado.

“A finalidade deste proxecto é a de concienciar ao conxunto da sociedade sobre a problemática dos lumes, promover a participación social no coidado do medio ambiente e fomentar medidas de prevención dos lumes”, explicou o deputado responsable da área de Medio Ambiente, José Ramón Rioboo.

Para iso levaranse a cabo diferentes actividades: elaborarase un manual de prevención, infografías con consellos e prácticas para a poboación xeral, 14 seminarios informativos virtuais con poñentes especializados na materia e, por último, 10 postos informativos nas oficinas da asociación (Santiago, Teixeiro, Ortigueira, Ordes, Melide, Carballo, Santa Comba, Vimianzo, Muxía e Arzúa) nas que se informará á cidadanía sobre as actividades nas que poden participar no marco do proxecto.

Ademais, todas estas accións, e outras, divulgaranse a través das redes sociais da agrupación e da Deputación da Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.