Ecoloxistas en Acción denuncian a falta de responsabilidade ambiental de Naturgy no encoro de Salas

Ecoloxistas en Acción resalta que estes datos permitirán corroborar cal é o nivel de caudal ecolóxico que hai augas abaixo do encoro, e comprobar así se a grave situación de seca do río é consecuencia dunha mala xestión das augas embalsadas que incimplindo a lei busca abultar a conta de beneficios da empresa a costa da biodiversidade que habita no río e as súas riberas.
“Aínda que se estivera a cumprir o caudal ecolóxico apelamos ás palabras do presidente da Confederación HMS que cuestionaba o que están facendo as hidroeléctricas respecto a súa responsabilidade ambiental e social” sinala Montse Valencia, asesora xurídica ambientalista e voceira de Ecoloxistas en Acción Ourense.
Compre lembrar que o Plan Hidrolóxico Miño-Sil está en exposición pública ata decembro e que tendo en conta a evidencte falta de responsanilidade ambiental das concesionariasos, Ecoloxistas en Acción solicitará que se revise e se adecúe o contido do plan respecto a un mellor cálculo e vixilancia dos caudais ecolóxicos. Contémplase a necesidade da revisión mensual dos caudais, e non trimestral, para garantir a vida piscícola que de xeito natural habitaría o río, así como a súa vexetación de ribeira, tal e como contempla a norma.
A organización ecoloxista sinala que o encoro de Salas, entre xullo e setembro, debe garantir un caudal dun 0,26m3. Aínda que con data 10 de agosto o encoro mantiña un nivel dun 35%, ndependemente da auga encorada, o caudal ecolóxico debe manterse e, senon, o organismo de conca debe actuar e sancionar.