El RC Deportivo comenzó la quinta semana de pretemporada

O Deportivo arrincou esta mañá en Abegondo a súa quinta semana de pretemporada, ciclo que concluirá este domingo 15 de agosto en ABANCA-RIAZOR co amigable ante o Real Madrid Castilla (19:00 horas). Borja Jiménez concedeu un respiro ao seu cadro após o Trofeo Teresa Herrera do pasado domingo ante a SD Ponferradina e ordenou dous días libres, luns 9 e martes 10 de agosto.

Así pois, o primeiro equipo púxose hoxe mércores de novo en marcha cunha única sesión de traballo en Abegondo e con sete canteiráns no grupo: Alberto, Brais, Trilli, Yeremay, Noel, Brais Val e Nájera.

Tiveron adestramento específico esta mañá Diego Villares, que xogou completo o partido do pasado domingo, Valín, Alberto Benito, Uche e Juergen Elitim. Ademais, Rolan e Fede Cartabia están de permiso.

O único contratempo da asollada mañá protagonizouno Noel, que se retirou antes de finalizar a sesión con molestias estomacais. Foi substituído polo fabrilista David Martínez ‘Davo’, que se adestraba no campo anexo ás ordes de Óscar Gilsanz.

O corpo técnico dispuxo, após un quecemento, dun circuíto de forza; rondos; e, para concluír, unha serie de exercicios de posición con porterías pequenas no Campo 2.

Mañá xoves 12 de agosto hai dobre quenda de adestramento na Cidade Deportiva: 10:30 e 19:00 horas.

Foto: RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.