Esixen unha actuación urxente para a posta en valor do Castro de Pereda en Cartelle

As nacionalista levan a pleno unha moción para que o Concello de Cartelle inicie os traballos arqueolóxicos no castro e acometa os traballos de roza e sinalización do perímetro

O concelleiro do BNG en Cartelle, Manuel Osorio, rexistrou unha moción para o seu debate no pleno municipal na que as nacionalistas demandan do goberno local unha actuación urxente para a recuperación patrimonial do Castro da Cidade de Pereda (coñecido popularmente como A Cidá), situado apenas a uns centos de metros da localidade de Cartelle, parroquia de Santa María, e que figura na actualización realizada no ano 2020 do Plan Básico Autonómico.

O BNG advirte na moción da realización de traballos de aproveitamento madeireiro que contribuíron a limpar a zona, polo que, consideran as nacionalistas, “sería convinte aproveitar a situación para poñer o castro en valor, tanto a nivel cultural como turístico”.

O BNG reclama do goberno municipal que solicite os permisos á comunidade de montes e a Dirección Xeral de Patrimonio para iniciar o labor arqueolóxico de delimitación e marcado do perímetro, así como que acometa os traballos de roza e sinalización para manter limpo o terreo. A futuro, as nacionalistas piden que se demande “financiamento a organismos públicos” para desenvolver unha primeira cata arqueolóxica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.