Felicidade redonda

Nun ano atípico, a vida vai recuperando pouco a pouco o pulso habitual tamén no deportivo. Por iso, este verán os Campus infantís de fútbol voltaron a gran parte dos clubes da comarca, sendo un dos máis activos e que acadaron gran éxito, o organizado pola Asociación Abellariza de Ponteceso, nunha primeira edición chea de nenos e nenas respirando felicidade con forma esférica, tan redonda como todos os soños que ao longo de case unha semana voaron sobre o céspede do Pinguel.

O coordinador e responsable de que todo rodase segundo o previsto foi o coñecido adestrador carballés José Barca que, tamén por primeira vez, tivo uns alumnos moi especiais: os seus propios fillos. Rodrigo e Hugo desfrutaron da paixón de seu pai, dese mundo que coñecen dende case o berce porque non en van Barca leva toda a vida sobre os terreos de xogo, coma gardamallas anteriormente e coma adestrador despois. Se seguirán os seus pasos non sabemos…Pero será dificil que non vivan, de calquera maneira que sexa, a mesma felicidade redonda que contaxia seu pai.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.