Festicultores Troupe en Oleiros este domingo ás 20.30 h

A Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, programou para o domingo 15 de agosto ás 20.30 horas un concerto de Festicultores Troupe dentro do programa FalaRedes. O espectáculo, que será gratuíto, terá lugar ás 20.30 h, na praza da Rabadeira ou no caso de choiva, na pista cuberta do IES Miraflores. Este novo espectáculo músico-teatral vangardista e retranqueiro, está cheo de optimismo e de bo humor, co que busca contaxiar, a través da música, a ledicia e as ganas de vivir desde o seu innovador escenario móbil de tecnoloxía punta alieníxena-galaica.

O repertorio do espectáculo consta de pezas propias, a maioría inéditas, que tratan de poñer en valor a cultura e a lingua galegas e tamén temas tradicionais galegos versionados ao seu estilo festeiro.

Para os Festicultores, un dos principais obxectivos deste proxecto é animar a mocidade a usar o galego nas súas propostas artísticas e no seu día a día, empregando o humor para poder comunicarse con eles.

A capacidade estará controlada, será obrigatorio gardar a distancia de seguridade e o uso de máscara para maiores de 6 anos, así como cumprir as normas e respectar as indicacións da organización

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.