Gonzalo Caballero. «Os xuices din que Galicia ten un goberno chapuza que se salta os dereitos fundamentales dos cidadáns»

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valorou hoxe a suspensión por parte do TSXG do certificado covid para acceder á hostalería e ao ocio nocturno ao sinalar que “os xuíces din que Galicia ten un goberno de chapuz, que se salta os dereitos fundamentais da cidadanía sen pedir autorización xudicial”.

Ao fío disto, o máximo dirixente socialista incidiu en que “necesitamos un goberno que non cre problemas, senón que os solucione”, xa que “Feijóo non pode xogar cun sector da hostalería que o está pasando tan mal”.

“É necesario que Feijóo deixe as vacacións e se poña a dar solucións aos problemas da cidadanía galega”, sentenciou o líder das e dos socialistas galegos, despois de que o TSXG fixese público que a Xunta non pedira autorización xudicial para esixir o certificado covid como requisito para acceder á hostalería.

A DISTRIBUCIÓN DE VACINAS

Noutro orde de cousas, o máximo dirixente socialista censurou a “política de confrontación desleal, estéril e mesquiña” da Xunta con respecto ao sistema de vacinación cando “Galicia foi a terceira comunidade do estado que máis vacinas recibiu en función da poboación”.

Así, destacou que o conselleiro de Sanidade “só acerta cando rectifica» sobre a distribución de vacinas, xa que “os galegos e galegas non queremos un conselleiro de Sanidade que se dedique á confrontación estéril e desleal”, e pídelle “que rectifique tamén a debilitación da Atención Primaria”.

“O PP debilitou a sanidade publica galega, esqueceuse da Atención Primaria e, despois de ter rectificado sobre a distribución de vacinas, agora, a Consellaría de Sanidade ten que facer unha emenda a totalidade as políticas sanitarias da Xunta para empezar a apostar por unha sanidade pública de calidade”, sentenciou.

Por último, o dirixente socialista destacou que “Galicia non pode seguir coa mesma política sanitaria”, xa que “non é de recibo que haxa bisbarras nas que conseguir unha cita en Atención Primaria haxa que esperar 26 días como en Carballo”. Así, insistiu, “non pode ser que as listas de espera se estean convertendo nunha cuestión estrutural en Primaria”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.