Iniciadas as obras de mellora nos 5 quilómetros da estrada LU-741 na Pontenova

Os traballos obrigarán a realizar cortes de tráfico, con desvíos debidamente sinalizados 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dá comezo ás obras de mellora da estrada LU-741, que conecta o núcleo urbano da Pontenova e o de Aldeguer, no mesmo municipio; o investimento ascende a   334.500 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se actúa sobre a totalidade da estrada, de 5,1 quilómetros, incluíndo a travesía da capitalidade. As obras executaranse no prazo aproximado dun mes; durante a primeira quincena será necesario cortar o tráfico para acometer os labores de aglomerado e posteriormente realizaranse desvíos puntuais, en todos os casos debidamente sinalizados.

Na área urbana e durante os primeiros 500 metros aplicaranse fresados localizados en rodeiras e reposición con mestura bituminosa en quente, cun espesor de 5 centímetros, nos puntos nos que se constatou a presenza de fisuras localizadas e zonas deformadas. A actuación terá o ancho do carril completo.

No resto da vía estenderase unha capa de regularización nos treitos nos que sexa preciso, para realizar a continuación o reforzo do firme cunha capa de rodaxe similar, con  mestura bituminosa en quente de 5 centímetros.

A intervención completarase con outras actuacións de mellora da seguridade viaria, como o repintado da sinalización horizontal e a limpeza de gabias, que teñen por obxecto mellorar as actuais prestacións da estrada en beneficio dos usuarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.