Jorquera alédase de que PSOE e Marea «rectifiquen sobre a Área Metropolitana» e de que «o impulso do BNG dese resultado»

O grupo municipal do BNG alédase de que o PSOE e Marea Atlántica rectifiquen en relación á Área Metropolitana e de que o impulso do BNG -en concreto, unha moción nacionalista foi aprobada polo Pleno do Concello o pasado 3 de xuño- dese resultado

A este respecto, e no seu perfil de Facebook, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, escribiu estes apuntamentos:

1.- 3 de outubro de 2019: O Pleno do Concello da Coruña acorda o inicio formal do procedemento de iniciativa de creación da Área Metropolitana da Coruña e encomendar á Comisión Especial da Área Metropolitana (presidida pola Marea Atlántica) a elaboración da correspondente proposta de anteproxecto de lei para a o seu traslado á Xunta e o Parlamento de Galiza no primeiro semestre de 2020.

2.- Xullo de 2020: cúmprese o prazo establecido nese acordo plenario sen que se elaborase nengún anteproxecto e a Comisión Especial da Área Metropolitana nen sequera se reunise.

3.- 3 de xuño de 2021: O Pleno aproba unha moción do BNG instando o Goberno Municipal a exercer un labor de liderado no proceso de integración comarcal e a dar impulso ao procedemento de creación da área metropolitana, conforme o acordado polo Pleno do Concello da Coruña en outubro de 2019.

Loxicamente, antes de remitir un anteproxecto de lei á Xunta e Parlamento de Galiza hai outro traballo que facer: procurar a participación de todos os Concellos da comarca da Coruña e o seu apoio aos contidos do anteproxecto. O BNG comprométese a traballar nesa dirección. Demandamos da alcaldesa que faga o propio

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.