Lugo. Renovado o pavimento do cruce da rúa Dinán con Cidade de Vigo

Rubén Arroxo: «Trátase dun treito de vía que estaba moi desgastado no que non se actuara en moito tempo»

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo informou dos traballos de mantemento da rede viaria que se están a realizar na unión das rúas Dinán e Cidade de Vigo. Arroxo explicou que «trátase dun punto no que existía un afundimento, o que facía necesario actuar canto antes para garantir a mellor calidade para toda a veciñanza».

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na renovación da capa de rodadura con formigón, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. A actuación realizouse nestes días nun dos carrís da rúa, e continuará  durante os próximos días.

Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Arroxo destacou a importancia desta actuación «dado que este treito de vía soporta a diario as maniobras dos autobuses que entran e saen da estación».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.