Manuel Baltar defende en Linz (Austria) a capacidade organizativa de Ourense para acoller en 2022 a Coupe de la Jeunesse de remo

A decidida aposta pola promoción internacional das láminas de auga do río Miño, as novas instalacións das que se disporá para a práctica desta modalidade, a estratéxica situación da provincia en materia de comunicacións, a dispoñibilidade de prazas hoteleiras e o elevado interese turístico do territorio constitúen os eixos da candidatura que o presidente da Deputación de Ourense defendeu hoxe para que o Parque Náutico de Castrelo de Miño acolla a principios de agosto do próximo ano esta prestixiosa proba internacional 

Baltar encabezou a delegación que esta fin de semana acudiu á localidade austríaca, onde se está a celebrar a regata de 2021 coa participación de máis de 500 deportistas en representación de 16 países, “o que nos permite coñecer en directo e polo miúdo a organización e desenvolvemento da proba, pero sobre todo demostrar o interese que Ourense ten en acoller a próxima edición”.

De esquerda a dereita: José Manuel Ballesteros, de náutica Xouva; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Asunción Loriente, presidenta da Federación Española de Remo; e Vincent Boyer, de Caldaria Hoteles. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.