Marín repintará gran parte das marcas viarias do seu casco urbano

Esta actuación de mantemento mellorará a visibilidade desta sinalización e a estética xeral do espazo urbano. Os traballos iniciaranse en setembro e suporá unha inversión de máis de 26.500 euros

O Concello de Marín anunciou esta mañá que en varias semanas iniciaranse as labores de rehabilitación de marcas viais en rúas do casco urbano de Marín, un proxecto que se enmarca no programa de intervencións en vías públicas do Goberno local para mellorar o espazo urbano.

A actuación, na que se investirán 26.594,51 euros, consistirá no repintado de marcas viais do pavimento da calzada, dado o importante deterioro da pintura que se pode ver a simple vista a causa da rodadura dos vehículos, mermándose a súa visibilidade e, en consecuencia, supoñendo un problema para a seguridade viaria e a ordenación do tráfico.

Por outra banda, esta actuación permitirá corrixir os casos onde a señalización existente non se axuste á normativa. O prazo de execución será de 2 meses e comenzará en torno a principios de setembro, tenfo sempre moi en conta as condicións climatolóxicas.

As rúas que se beneficiarán deste proxecto de repintado serán:

  • Rúa Lameira
  • Avenida de Ejército y Marina
  • Intersección da Rúa do Forte, con Avenida Ejército y Marina e Rúa Lameira
  • Rúa do Forte na súa totalidade
  • Enlace da Rúa do Forte con Tiro Naval Janer
  • Enlace da Avenida de Ejército y Marina con Rúa Tiro Naval Janer e Rúa da Ponte
  • Rúa Serafín Tubío
  • Entorno da Praza de España
  • Rúa da Ponte
  • Enlace da Rúa da Ponte con Rúa Doutor Touriño Gamallo
  • Rúa Doutor Touriño Gamallo
  • Rúa Concepción Arenal (xunto ao Parque Eguren e ata o seu enlace coa Rúa Carballiño)
  • Rúa da Estrada
  • Rúa Méndez Núñez
  • Rúa Vidal Pazos
  • Enlace da Rúa Méndez Núñez con Concepción Arenal e República Arxentina
  • Rúa República Arxentina
  • Enlace da Rúa República Arxentina coa Rúa de Quevedo
  • Rúa de O Carballiño
  • Rúa de José Trasande

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.