O BNG denuncia «o estado de abandono» do Parque de Santa Margarita

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiu unha pregunta ao Goberno Local en relación ao estado de abandono en que se acha o Parque de Santa Margarita, unha situación de degradación moi preocupante que está a pór en risco a integridade dalgúns dos seus elementos patrimoniais máis emblemáticos, como o seu muíño

Jorquera faise eco de denuncias de persoas usuarias do parque segundo as cales o antigo muíño de Santa Margarita ficou sen unha das súas aspas e está a piques tamén de ficar sen teito, alén de ter sofrido a rotura dos vidros da súa xanela superior. “Esta situación provoca que o conxunto estea pechado cun valado de aceiro que ademais está completamente oxidado”, relata o voceiro nacionalista.

O calamitoso aspecto actual do muíño reflicte o abandono xeral en que se atopa o Parque de Santa Margarita, un espazo de máis de 50 mil metros cadrados que constitúe un dos pulmóns verdes da cidade.

En teoría, a rexeneración deste parque está dentro dos obxectivos do Goberno Local e nese sentido o pasado mes de maio a alcaldesa anunciou a execución dun plano director a desenvolver en 14 fases e cun investimento de 3 millóns de euros.

Por medio desta pregunta por escrito, Jorquera pídelle ao Goberno Local que concrete os prazos en que vai desenvolver ese plano director, unha actuación que necesariamente ten de rexenerar os elementos patrimoniais do espazo, a comezar polo muíño.

“Contémplase a restauración do muíño no plano anunciado pola alcaldesa? Que actuacións concretas se van levar a cabo para a súa restauración? En que prazos?”, inquire o Goberno Local o voceiro nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.