O BNG lembra o Día da Galiza Mártir cunha ofrenda floral en Nós

O vindeiro martes día 17 ás 20,30 horas terá lugar na Praza da Liberdade en Nós unha ofrenda floral co gallo do Día da Galiza Mártir. Centrado este ano na figura de Rafael Fernández Casas, mestre innovador, laico e galeguista, home comprometido con diferentes colectivos foi fundador entre outros do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada (1935) polo que pasaron conferenciantes como Otero Pedraio e Ramón Suárez Picallo.

A noite do 20 de agosto de 1936 foi detido na súa casa do Souto (Carnoedo, Sada) e paseado en Trasanquelos. O maxisterio coruñés foi dos máis sancionados cun terzo dos/das docentes no periodo 1936-1942 según os datos do profesor Narciso de Gabriel, estando constatadas 26 execucións entre os mestres e mestras que o integraban.

Desde o BNG de Oleiros queremos contribuír á lembranza de todas aquelas persoas que loitaron por causas xustas e que a memoria histórica debe recoñecer, unha obriga moral e política na que participamos un ano máis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.