O BNG pide ordenar o derrubo do esqueleto dun edificio nas Xubias

“Que o Goberno Local ordene a demolición da estrutura dun edificio inacabado nas Xubias de Arriba, pois, alén do seu impacto paisaxístico e de constituír un foco de sucidade, é tamén un risco para as persoas”

Esa é a petición que o BNG lle formula ao executivo coruñés por medio dun rogo oral que será lido por Francisco Jorquera no Pleno do vindeiro 9 de setembro.

É un risco para as persoas, argumenta o voceiro do BNG en María Pita, “quer polo perigo de que se produzan desprendementos quer porque hai veces que crianzas e persoas mozas utilizan este espazo como lugar e xogos ou encontro”.

“Por iso a veciñanza”, relata Jorquera, “demanda dende hai anos a demolición desta estrutura e a recuperación deste espazo para o lecer, creando unha zona verde que amplíe o parque co que linda na parte superior”.

Alén da demolición do esqueleto, situado a carón do CAPD (Centro de Atención a Persoas con Discapacidade), a Asociación Veciñal Oza A Gaiteira Os Castros demanda tamén outras melloras nas Xubias, tales como alcanzar un acordo coa Xefatura Territorial da Consellaría de Educación de modo a retranquear un metro o muro do Centro de Educación Especial María Mariño. O obxectivo, darlle máis anchura ao camiño que leva cara á cala das Xubias ou intervir nas escaleiras que dan acceso á cala para adaptar o acceso a persoas con problemas de mobilidade.

O BNG insta o Goberno Local a que atenda tamén estas peticións veciñais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.