O CEIP Concepción Arenal exhibirá tres murais para promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

O Concello da Coruña colabora co Fondo Galego de Cooperación na cuarta edición do concurso ‘Muros que unen’ para promover as metas da ONU

Tres novas obras fomentarán a reflexión sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU no CEIP Concepción Arenal tras gañar o IV Certame de murais arredor dos ODS ‘Muros que unen’, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co financiamento do Concello da Coruña. O certame encádrase no convenio asinado entre o Fondo Galego e o Concello da Coruña, que destina así 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte ás desigualdades co fin de fomentar a participación cidadá na construción de cidades inclusivas e o pensamento crítico.

As propostas do colectivo «Paisajistas», ‘Avión’ e Carmen Seijas resultaron ser as que mellor ilustran os ODS 3, 4 e 5, que promoven a saúde e o benestar, a educación de calidade e a igualdade de xénero. Así o decidiu o xurado, integrado polos artistas Delio Rodríguez, Doa Ocampo e Joaquim Orriols ‘Riaq Miuq’, vencedores da anterior edición do concurso, unha representante do Fondo Galego e outra do Concello. Ao certame presentáronse 33 muralistas, dos que 14 eran mulleres, e recibíronse un total de 34 bosquexos. As tres obras seleccionadas faranse realidade do 1 ao 5 de setembro no patio infantil do centro educativo, con 25 metros de lonxitude.

A proposta ‘Calma’, do colectivo «Paisajistas», escolleuse para representar o ODS3: garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas de todas as idades. O xurado valorou a súa apacidade para evocar este último aspecto a través dunha representación que transmite esa sensación de sosego tanto a través de trazos sinxelos como da selección de cores, ao tempo que revela un estilo propio e recoñecible.

Miguel Méndez, alias ‘Avión’, vai ilustrar con ‘Uns bos cimentos non teñen prezo’ o ODS4: garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas. O bosquexo pivota sobre a idea de que unha sociedade que desexe progresar precisa dunha formación deste tipo, que ademais debe ser a un tempo pragmática e sensible coas diferentes realidades.

‘O círculo’, da betanceira Carmen Seijas, foi o deseño seleccionado para simbolizar o ODS5: lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. A obra fai referencia aos círculos de mulleres, espazos de encontro seguros e non xerárquicos onde conectar unhas coas outras e con elas mesmas.

O xurado quixo subliñar a complementariedade dos traballos seleccionados, así como o feito de que a súa autoría sexa tanto de artistas homes como mulleres. A través dos tres murais, premiados con 2.000 euros cada un, emprégase a arte urbana para difundir os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade da poboación no horizonte de 2030.

Fomos a primeira cidade de Galicia dar unha resposta para os efectos económicos e sociais da pandemia. Asumindo a necesidade de responder independentemente das nosas competencias. – Destinamos máis de 13 millóns de euros a reactivar economicamente a cidade, con axudas directas aos autónomos e as pequenas empresas, incentivando o consumo no comercio e a hostalería local e reforzando a industria cultural e os programas sociais, porque sabiamos que era o momento de estar preto da xente e das súas necesidades. – Puxemos en marcha unha iniciativa como os Bonos PRESCO pola que cada cidadán recibe 105 euros para poder gastalos en hostalería, comercio ou produtos culturais. Xa hai máis de 20.000 coruñeses que están a gozar dos bonos. – Estamos preto da xente

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.