O Concello da Coruña avanza na negociación dun protocolo xeral para os espazos portuarios que supere os convenios de 2004

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, anunciou hoxe que o Goberno local avanza na negociación conxunta dun protocolo xeral que supere os convenios de 2004 canto aos espazos portuarios e sinalou que se están conformando os grupos de traballo coas distintas administracións implicadas –Ministerio de Transportes, Adif, Portos do Estado, Autoridade Portuaria e Xunta de Galicia- para darlle saída a todas as cuestións aprobadas no pleno pola corporación.

Tras a xuntanza celebrada hoxe con Marea Atlántica para lles informar sobre as distintas comisións interadministrativas que mantiveron até o momento, o edil asegurou que o Goberno de Inés Rey entende o diálogo como a única forma de conseguir que os grandes proxectos de cidade saian adiante. Con esa determinación traballan por garantir a titularidade pública dos terreos portuarios e na conformación dunha entidade pública que xestione a transformación deses espazos. Villoslada sinalou que este proceso pasa actualmente polo establecemento das bases xerais do plan director de ordenación dos espazos portuarios, “con todo o seu cronograma xa que é moi distinta a zona 1, cuxa recuperación é máis inmediata, da zona 2 do peirao de Petroleiros, en que traballamos cunha perspectiva máis a longo prazo”.

Neste punto, asegurou que seguirán negociando a posibilidade de entrar nese ente instrumental e adquirir a zona 1 até un 75% xa que sería un elemento importante para levar adiante un protocolo que lle dea viabilidade económica e financeira á Autoridade Portuaria para saldar a súa débeda. Ademais, explicou que se está a perfilar un convenio máis específico para a adecuación da zona de Batería que, xunto co peirao de Trasatlánticos, se está abrindo á cidadania.

Villoslada sinalou que a reunión con Marea Atlántica resultou moi frutífera e recordou que desde o Goberno municipal avogan por lle dar solucións a esta reformulación urbana da fachada portuaria, “un dos grandes retos da cidade unha vez que a conexión ferroviaria está en marcha grazas aos compromisos asinados o pasado 23 febreiro no pazo municipal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.