O Concello da Coruña concede 2.510 bolsas comedor para o vindeiro curso, o maior número da historia do programa

O Concello da Coruña concede 2.510 bolsas comedor para o curso 21/22, o maior número da historia do programa municipal: un 12,1% máis que o ano pasado e un 50,3% máis que hai tres anos. Desde esta mañá, aparece publicada na web de Servizos Sociais a lista definitiva en que figuran as concesións de bolsas comedor para o vindeiro curso.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que o período de tramitación desta convocatoria foi o máis curto dos últimos cinco anos, en que se leva tramitando como unha subvención, xa que “é a primeira vez que a lista definitiva sae en agosto”. Neira destacou que “é moi importante que a listaxe saia en agosto xa que a maioría dos comedores realizan o proceso de inscrición este mes”. Este ano empregáronse 77 días hábiles en resolver toda a convocatoria, incluíndo a valoración de solicitudes e a resolución das alegacións, o cal nos dá unha ratio de 44 expedientes por día.

A concellería recibiu un total de 3.390 solicitudes, tamén o maior número da historia, que supón un 6% máis que o ano pasado, e un 55,5% máis que hai tres anos. O Concello concedeu o 74% das solicitudes presentadas. Para facer fronte a este incremento de concesións, o Goberno de Inés Rey ampliou a asignación do programa de bolsas comedor destinando 2.125.000 euros.

Respecto á listaxe definitiva publicada hoxe, o Concello abre un prazo de 10 días hábiles

−desde o luns 23 de agosto até o venres 3 de setembro− para aceptar ou rexeitar a bolsa. Yoya Neira explicou que o Executivo local, para lle facilitar a situación á cidadanía, estableceu nesta convocatoria que se considerará aceptada a bolsa por aquelas persoas que non a rexeiten expresamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.